> 0 teu socio no desafío multilingüe
-
Unha axencia de tradución con 10 anos de experiencia.
-
Un estudo de especialistas en lingua galega.
-
Xestionamos contidos aos idiomas que o cliente necesite.

Unha axencia moderna e competitiva, cuxa prioridade fundamental é a calidade e a eficiencia do servizo ao cliente. Un estudio especializado en galego e axente de tradución para os idiomas e tipo de traballo que o cliente precise.

Un equipo humano especializado en xestión cultural e intervención socioeducativa. Participamos do teu proxecto, coordinando, ideando, deseñando, planificando ou executando. Ti decides. Un servizo a medida das túas necesidades.

Unha ampla oferta de actividades de ocio e lecer lúdicas e educativas para divertirse aprendendo. Xestión de campamentos: campamentos temáticos, urbanos, etcétera. Animación de eventos e actividades de turismo activo.

1 | Para o autor: dámoslles forma ás túas ideas.
2 | Para o editor: o socio perfecto para maquetar e corrixir a túa obra.
3 | Para a empresa: coordinamos a túa publicación, o teu web, a túa comunicación.

Formación en comunicación para ti ou para transformar a túa organización. Formación how-to no ámbito da comunicación, novas tecnoloxías, web 2.0, cultura, ocio, lingua, etc., para que aprendas técnicas e adquiras as habilidades máis requiridas nas organizacións modernas. Modalidade presencial, e-learning e blended-learning (semipresencial).

Cada cliente é único, así como únicas son as súas necesidades. Adaptamos os nosos servizos para prestarlle un servizo de consultoría en comunicación, presenza na Internet, organización de eventos. Con calquera dos nosos inclientes, implicámonos como unha parte activa máis da entidade para a mellor consecución do proxecto.
© 2012 | 2.0 Editora | Privacy