Política de privacidade

Dereito de información

REVERSO COMUNICACIÓN, CULTURA E LINGUA, S.L., co obxecto de darlle cumprimento ao previsto no artigo 5 da lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, informa os usuarios que os datos de carácter persoal que son facilitados, de forma voluntaria, no sitio web serán incluídos nun ficheiro inscrito por esta na Axencia Española de Protección de Datos.

Finalidade

A finalidade do tratamento dos datos persoais solicitados no sitio web é a de atender e responder as solicitudes de información recibidas a través deste sitio.

Cesión de datos

Os datos recabados neste sitio web, en ningún caso, serán cedidos a terceiros.

Seguridade

REVERSO COMUNICACIÓN, CULTURA E LINGUA, S.L., titular do sitio web, adoptou as medidas de índole técnica e organizativas necesarias, segundo o nivel de seguridade de protección de datos que lle corresponde legalmente, para garantir a seguridade do tratamento de datos de carácter persoal que constitúen os seus ficheiros.

Dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

O usuario poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición. Para isto deberá poñersen en contacto con REVERSO COMUNICACIÓN, CULTURA E LINGUA, S.L., por medio do envío dunha carta, expresando o dereito exercitado, a acreditación da personalidade e a documentación pertinente, ao seguinte enderezo: rúa das Hedras, 6-2L, 15895, O Milladoiro, Ames.