lingüísticos

Centralice o seu provedor de servizos lingüísticos

Especialistas na xestión global da comunicación multilingüe

Reverso é unha axencia de tradución galega especializada na xestión de proxectos de tradución e revisión lingüística. Ademais dos nosos servizos básicos de tradución proporcionamos servizos avanzados de localización de sitios web, sóftware e subtitulación de produtos audiovisuais.
Traballamos para todo tipo de sectores e eliximos para cada proxecto o tradutor con mellores competencias. Asignamos tradutores e correctores especializados para garantir a realización dun traballo de calidade.

Tradución

Realizamos traducións xenéricas, especializadas e xuradas de todo tipo de documentos. Especialistas en traducións de e para o galego, castelán, inglés, alemán, francés e portugués. Envíanos o teu texto e realizaremos un presuposto á medida e sen compromiso.

Localización

Localizamos produtos para idioma galego e castelán: sitios web, subtitulación de produtos audiovisuais, sófware, bases de datos, etc. Integramos a nosa prestación de servizos no seu fluxo de traballo.

Revisión lingüística

Somos especialistas en idioma galego e castelán. As nosas revisións alcanzan revisións de tipo técnico, correccións de probas editoriais, correccións de estilo, correccións de maqueta e revisión lingüística completa. Traballamos sobre diversos formatos e tipos de arquivo.

Consultoría

Os nosos servizos de consultoría abarcan a confección de libros de estilo institucionais e manuais de uso lingüístico para entidades, auditorías lingüísticas, revisións de traducións realizadas por outros provedores e o control terminolóxico.