dinamización

A nosa misión: o teu benestar e saber

I+C: Innovación e Creatividade, a nosa razón de ser

Deseñamos e executamos propostas innovadoras adaptadas a calquera ámbito, desde unha perspectiva de intervención sociocomunitaria e sempre cun enfoque lúdico e didáctico.
Dez anos trababallando no sector da intervención sociocultural e máis dun cento de propostas de animación avalan o noso traballo xestionando coñecemento e concibindo actividades adaptadas a diferentes públicos e ás súas necesidades.

Socioeducativa

Traballamos na transmisión de valores na infancia, na mocidade e en adultos, a través de propostas motivadoras e dinámicas: programas de reforzo educativo, igualdade, prevención e drogodependencia, conciliación e alfabetización na Internet 2.0.

Sociolingüística

Porque cremos na ética do plurilingüismo, na ecoloxía das linguas e no respecto e fomento dos valores sociais que representa a equidade e a promoción dos idiomas propios, realizamos diversos programas de intervención lingüística.

Ocio e tempo libre

Propostas lúdicas pensadas para ofrecer propostas de ocio e tempo libre a todos os tramos de idade: xestión de campamentos de verán e urbanos, actividades de turismo activo, animación de eventos e dinamización do patrimonio local.

Consultoría

Realizamos proxectos a medida. Traballamos contigo a concepción, desenvolvemento, execución e avaliación da túa idea. Compartimos a túa idea e axudámosche a executala.