formación

Escola de comunicación aplicada

Experimenta a comunicación para poder aprendela

Ensinamos ferramentas, competencias e habilidades comunicativas. Na nosa escola de formación non ensinamos capacidades. Supoñemos que posúes algunhas e traballamos a partir delas.
Ensinamos competencias e habilidades técnicas para o desenvolvemento e o progreso profesional nun contorno laboral cambiante e cada vez máis centrado na adquisición de competencias comunicativas: creatividade, liderado, empatía, asertividade.
Estás disposto a equivocarte? Logo estás disposto a aprender connosco. Practicar coas ferramentas, coas competencias e coas habilidades é a mellor maneira de aprender a traballar con elas.

Comunicación

Ensinamos técnicas e habilidades de comunicación oral e escrita para contextos educativos e laborais. Algúns dos campos da nosa formación son a tención ao público, o traballo en grupo, a redacción profesional e as presentacións con soportes audiovisuais.

TIC 2.0

Aprendemos a traballar con ferramentas para a comunicación corporativa 2.0. Desde aplicacións para o traballo en redes sociais, o traballo en equipo a través de xestores de proxectos 2.0, a confección de blogs persoais ou corporativos, a produción de podcast e vodcast, etc.

Edición

Unha liña de cursos de edición para o novo contexto de produción de contidos: crear ebooks, contidos educativos interactivos, maquetación xeral ou deseño web aplicado ás novas tendencias de comunicación nos novos soportes e formatos, ademais de cursos de corrección e traducción.

Consultoría

Realizamos proxectos a medida. Traballamos contigo a concepción, desenvolvemento, execución e avaliación da túa idea formativa. Definimos a túa idea e axudámosche a executala.

Modalidades formativas adaptadas ás túas necesidades

Presencial

consultar
  • Grupos reducidos
  • Clases 100% prácticas
  • Aprendizaxe a través da experiencia
  • Podes traer o teu equipo e traballar directamente nel coas aplicacións

Get Started

E-learning

desde20€
  • Cursos a través de plataforma e-learning
  • Seminarios web e conferencias especializadas
  • Titorías e atención individualizada
  • Adaptados e flexibles ao teu horario. Dispoñibles: 24 h/día e 7 d/semana.

Get Started

B-learning

desde40€
  • Grupos reducidos
  • Aulas móbiles: a formación preto de ti
  • Combina a modalidade práctica presencial e en liña
  • A modalidade máis concentrada e intensiva

Get Started