editoriais

Dámoslle forma aos teus contidos

Adaptamos as túas publicacións aos formatos máis apropiados

Elixe entre varios tipos de servizo. Un equipo de editores especializados proporcionarache axuda para coordinar as túas publicacións, dixitalizar as túas maquetas en ebooks e maquetar os teus contidos.
Os nosos servizos de edición abranguen todo o proceso de edición editorial, e ti escolles onde queres que interveñamos: desde a redacción e tradución de contidos ata o seu deseño, maquetación e corrección.

Maquetación

Deseño e maquetación da súa publicación. Tanto se se trata para soporte papel coma dixital adaptaremos o teu contido ao deseño máis adecuado. Solicita as nosas tarifas.

Dixitalización

Papel vs. Dixital? Non o dubides. Os teus libros deben estar dispoñibles, como mínimo, nos dous formatos. Déixanos o teu texto ou as túas maquetas en .indd ou .pdf e dixitalizaremos o teu libro nun formato Ebook ou Flashbook.

Packaging

Tes unha idea ou contido e queres publicala? Coordinamos todo o proceso editorial ou parte del, segundo precises, desde a túa idea ata a publicación e alta no ISBN.

Corrección

Os teus textos coa máxima calidade. Facemos diferentes tipos de intervención textual en función das túas necesidades: correccións de maqueta, correccións de estilo, de probas ou correccións lingüísticas completas, en galego e castelán.